Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Festival de Música Cidade de Lugo XXXVIII Semana do Corpus continúa coa estrea mundial de tres obras de compositores galegos


# Luns, 24/05/2010
A actuación de Ensembre Plus terá lugar o mércores 26 de maio no Conservatorio Profesional de Música

A oferta da música contemporánea do Festival de Música Cidade de Lugo XXXVIII Semana do Corpus inclúe a estrea mundial de tres obras dos compositores galegos no concerto que se celebrará no Conservatorio Profesional de Música o mércores 26 de maio ás 20:30 horas.

As obras a estrear foron compostas polo coruñés Paulino Pereiro (un preludio para tres violas), o compostelán Fernando Buide (un dúo de violas) e por Wladimir Rosinskij (músico ruso que reside hai quince anos na Coruña onde é membro da Sinfónica de Galicia e do que se estrea unha obra para batería, dúas violas e viola eléctrica).

O concerto estará a cargo do Ensemble Plus, un conxunto de violas austríaco, do que é membro o propio Rosinskij, especializado na música do século XX e actual que atesoura unha gran experiencia con actuacións en prestixiosos festivais centroeuropeos, máis de corenta estreas mundiais e numerosas gravacións discográficas e radiofónicas. Completa o programa unha obra do compositor ucraniano Volodimir Runchak, para cuarteto de violas e banda magnética, que se estrea en España.

Como é habitual no festival, a entrada para o concerto é gratuíta ata completar o aforo da sala.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova