Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Comisión de Reclamacións e Suxestións do Concello de Lugo tramitou 80 expedientes no 2009


# Luns, 24/05/2010
Foron un total de 77 reclamacións e 3 suxestións

Imaxe Asociada

A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, fixo balance esta mañá dos asuntos atendidos no ano 2009 pola Comisión de Reclamacións e Suxestións. A Concelleira lembrou que “este órgano creouse no ano 2007 ao amparo da Lei das Grandes Cidades e converteuse nunha ferramenta moi útil para relacionarse coa cidadanía e concíbese como un barómetro para mellorar día a día”.

Zarzuela anunciou que no vindeiro mes de xuño levarase a pleno un informe de todo o acontecido nesta Comisión durante o ano 2009.

O ano pasado tramitáronse un total de 80 expedientes: 77 reclamacións e 3 suxestións que entraron na súa maioría por rexistro xeral, por correo electrónico e dous persoalmente nas oficinas. Todas estos expedientes están xa resoltos, segundo explicou a Concelleira, e teñen un tempo de resposta de mes e medio.

Estas cifras supoñen 8 reclamacións máis que no ano 2008 e 20 suxestións menos.

A Concelleira indicou que a área que conta cun maior número de reclamacións é a de Protección da Comunidade con 28, e a que menos é Economía e Emprego con so unha.

Segundo os servizos os que máis reclamacións rexistraron foron: transportes con 13 e policía con 12; e os que menos foron: xestión urbanística, vías e obras, medio ambiente, servizos eléctricos, zona rural e facenda local.

Zarzuela explicou que en relación co ano 2008 melloraron os servizos de limpeza, parques e xardíns e xuventude, que reduciron notablemente as reclamacións; en cambio, aumentaron as relacionadas cos servizos de transportes, augas e rexistro.

En canto as suxestións recibidas no ano 2009 foron sobre o servizo de transporte urbano e de mellora do mobiliario para a atención ás persoas con discapacidade na planta baixa do edificio Administrativo do Concello de Lugo.

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova