A Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, recibiu un grupo de 30 peregrinos que chegaron o luns a Lugo, nunha peregrinación organizada pola Cadena SER. O xornalista Paco Nadal é o encargado de contar pola radio a marcha desta peregrinación que comezou o sábado en Grandas de Salime e rematará o domingo en Compostela.