Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Concelleiros de Urbanismo das cidades galegas estudan en Lugo modificacións lexislativas do hábitat e o solo


# Martes, 25/05/2010


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
Os Concelleiros e Delegados de Urbanismo de Santiago, Ourense, Ferrol, A Coruña e Lugo reuníronse hoxe na nosa cidade para estudar os cambios lexislativos que se produciron nas normativas de hábitat e do solo de Galicia.

Na xuntanza, á que non puideron acudir os responsables municipais de Pontevedra e Vigo, falouse das modificacións feitas nas dúas leis.

No caso da normativa do hábitat, os Concellos pasan a ser quen xestione as excepcionalidades e, segundo salientou a Delegada de Urbanismo do Concello de Lugo, María Novo,”a deriva desta competencia ós Concellos implica que teñamos que replantexar a xestión que estamos a facer”.

Tocante á lei do solo a última modificación supón que os Concellos volvan ter a competencia sobre as edificacións de máis de 50 metros cadrados en solos rústicos agropecuarios e montes.

Novo salientou que os Concellos sempre pedimos exercer esas competencias polo que “é algo que nos parece bo en principio pero esta posta en común sempre resulta frutífera”.

Os responsables de Urbanismo das cinco cidades foron recibidos polo Alcalde, José López Orozco, e tamén efectuaron unha visita á Muralla, que aproveitaron para coñecer algunhas das actuacións urbanísticas que se levan a cabo na cidade.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova