Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo cualifica de importante a modificación do decreto que prohibe ós Concellos contraer créditos a partir de 2011


# Martes, 25/05/2010
O Concello agarda que a Xunta colabore na financiamento das Escolas Infantís

Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, amosouse satisfeito pola modificación do decreto que apraza ó ano que vén a prohibición ós Concellos de contraer créditos. O Alcalde salientou que lle parece “unha corrección importante que pode estar motivada porque os alcaldes amosaron a súa sorpresa por estas medidas”. Tamén aclarou que ó Concello de Lugo “non lle afecta moito” a modificación porque “o martes xa asinamos cunha entidade bancaria o crédito para axudar a financiar obras este ano como son a posta en marcha da nova potabilizadora ou parte do proxecto da Delegación da Policía”.

En todo caso, o Alcalde salientou que nos “houbera gustado que o decreto non xeneralizara e contemplara as distintas situacións financeiras dos Concellos”. “Houbera sido máis xusto”, dixo, “para os Concellos que levamos moito tempo facendo as cousas ben”.López Orozco explicou que “a situación económica do Concello de Lugo permítelle seguir desenvolvendo dotacións e equipamentos e eso ten moito que ver co Plan E e coa política de aforro que nos permite ser dos concellos de España que non temos unha gran carga de crédito”. López Orozco indicou que a débeda do Concello sitúase arredor dun 42% do Orzamento, o equivalente a uns 400 euros por veciño, “moito menos da carga que teñen cidades como Málaga, Madrid, Valencia ou Zaragoza”.

O Alcalde indicou que o Concello vai estudar as necesidades de investimentos en obras para o ano que vén e ver se se poden financiar con remanentes e aforros do Concello ou se é posible acudir a outra operación de crédito para rematar obras como a da Delegación da Policía.

Ademais, o rexedor municipal indicou que o Goberno local vai ser solidario cos funcionarios do Concello e asumirá o acordo que adopte a FEMP respecto ó recorte de salarios das corporacións locais.

Escolas infantís

O Alcalde referiuse tamén á xuntanza que mantivo esta mañá coa Conselleira de Traballo, Beatriz Mato, á que lle reclamou colaboración na financiamento das escolas infantís. O Alcalde lembrou que Lugo ten dúas novas escolas infantís construídas e pendentes do equipamento e manifestou “agardo e desexo que teñamos unha solución a finais do verán ou no outono, cando sexa aprobada a Axencia Galega dos Servizos Sociais”.

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova