Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo recibiu na Casa do Concello a 50 usuarios do servizo de atención a domicilio de Cruz Vermella


# Martes, 25/05/2010
Os maiores recibiron un libro sobre a Semana Santa como recordo da súa visita

Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta tarde na Casa do Concello a un grupo de 50 usuarios do servizo de teleasistencia e atención a domicilio de Cruz Vermella.

López Orozco interesouse polos servizos que utilizan os maiores e faloulles da historia da Casa do Concello.

Por outra banda, o Alcalde escoitou as suxestións e preocupacións dos maiores sobre as pensións, as zonas verdes, e as axudas á dependencia. Ademais, López Orozco animou aos maiores a continuar utilizando as novas tecnoloxías e seguir formándose na utilización dos teléfonos móbiles e Internet.

Como recordo da súa visita cada un recibiu un libro sobre a Semana Santa de Lugo editado polo Concello.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova