Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo solicitou á Consellería de Traballo e Benestar axudas para o mantemento das Escolas Infantís municipais


# Martes, 25/05/2010
López Orozco mantivo un encontro en Santiago coa Conselleira de Traballo

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, mantivo hoxe unha xuntanza coa Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, sobre a Axencia Galega de Servizos Sociais e os pasos que se van seguir por parte desta área da Xunta nos próximos meses.

A xuntanza, que tivo lugar hoxe en Santiago, forma parte dunha rolda de contactos que está a manter a Conselleira cos representantes municipais para expoñerlles as características e contido da Axencia que integrará ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, unha vez que as características do organismo xa foron presentadas o pasado venres á Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

Así, o Alcalde e a Conselleira analizaron as posibles fórmulas de colaboración entre Administración autonómica e local neste eido, ao tempo que López Orozco coñeceu de primeira man os estatutos da Axencia.

Ademais, Mato comprometeuse co Alcalde de Lugo a estudar posibles vías de colaboración co Concello a través da nova Axencia Galega de Servizos Sociais para apoiar o mantemento das escolas infantís municipais da cidade de Lugo, unha vez que o alcalde lle solicitou á Conselleira o apoio da Xunta neste eido.

O Alcalde lembrou á Conselleira os proxectos municipais nos que está a traballar o Concello, sinalando, ao respecto, que a súa previsión é pór en funcionamento no terceiro trimestre deste ano dúas escolas infantís que xa están construídas e que ofertarán ao redor de 100 prazas.

Desta forma, o Alcalde incidiu na necesidade de contar co apoio da Xunta no mantemento das escolas infantís municipais, xa que apuntou que a colaboración da Xunta permitirá axilizar a apertura dos centros destinados aos nenos de 0 a 3 anos.

Ademais, López Orozco lembrou que o Concello dispón de outras dúas escolas en funcionamento que contan con 122 prazas.

Ao respecto, a Conselleira mostrou a máxima disposición de colaboración por parte da Consellería de Traballo e Benestar e destacou que se estudarán as posibles vías de colaboración dentro da futura Axencia Galega de Servizos Sociais para que as liñas de axuda poidan proporse xa nos próximos orzamentos.

Para analizar a fórmula máis axeitada de cooperación entre as dúas institucións, Mato e López Orozco acordaron establecer en próximas semanas reunións de traballo entre técnicos das administracións autonómica e local para acadar a mellor solución.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova