Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Continúa aberto o prazo do concurso de deseño gráfico para elixir o cartel anunciador do San Froilán 2010


# Mércores, 26/05/2010
Os traballos poderán presentarse na Concellería de Cultura ata o venres 28 de maio

Continúa aberto ata o vindeiro xoves 28 de maio o concurso de deseño gráfico para seleccionar o cartel anunciador das Festas do San Froilán e das actividades do San Froilanciño de 2009 organizado polo Concello de Lugo.

O prazo para presentar os traballos en ambos concursos está aberto ata ás 14:30 horas do venres 28 de maio. Os interesados poderán entregar ou mandar a súa obra por correo postal á Concellería de Cultura situada na Praza Maior nº1, 27002.

O Premio de Deseño Gráfico San Froilán 2010 convida a todos os artistas, creadores e afeccionados a participar con traballos propios e orixinais que recollan o espírito das festas patronais lucenses, que están consideradas as máis populares de Galicia. As técnicas son libres e, neste ano 2010, no que se celebra o décimo aniversario da Muralla como Patrimonio Mundial o motivo xirará arredor do monumento.

Nos deseños debe figurar o texto: “Lugo, San Froilán 2010, 4-12 de Outubro, Excmo. Concello de Lugo” e os lemas “Festa de Interese Turístico Galego” e “Fiesta de Interés Turístico Nacional”. Tamén deberá aparecer o logotipo do Concello.

O gañador do concurso, ademais de ter a honra de ser o autor do cartel que se repartirá por toda España, contará cun premio económico que ascende a 2.000 euros.

As bases serán distribuídas por todas as escolas de arte e deseño de Galicia e España, ademais de envialas a asociacións de artistas e creadores para fomentar unha maior participación e a calidade dos traballos

San Froilanciño
Os máis pequenos tamén poderán facer á súa aportación ás festas patronais por quinto ano consecutivo, o Concello convoca o concurso de carteis San Froilanciño, que servirá para promocionar as actividades desta festa cun programa especial para os nenos e nenas.

Este certame vai destinado a rapaces menores de 15 anos, que poderán presentar as obras que desexen. As bases establecen como único requisito que figure o texto “Lugo, San Froilanciño 2010”. Os traballos deben ser orixinais e o motivo e as técnicas poden ser libres. Ao igual que o concurso dos adultos os traballos presentados polos nenos e nenas deberán xirar ao redor da Muralla.

O premio consistirá nun agasallo acorde coa idade do gañador.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova