Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo rebaixará o seu soldo un 9%


# Mércores, 26/05/2010


O Alcalde de Lugo rebaixarase o salario un 9% en solidariedade cos funcionarios do Concello que tamén verán diminuídos os seus soldos como consecuencia do plan de axuste aprobado polo Goberno.

Como anunciara o día que o presidente do Goberno anunciou no Congreso o recorte de salarios dos funcionarios, López Orozco vaise rebaixar o seu salario que ten conxelado dende hai dous anos igual ca o resto da corporación municipal.

Ademais da rebaixa de soldo do Alcalde, o Goberno local tamén diminuirá os seus salarios nunha porcentaxe que oscilará entre o 7 e o 8%.

O Concello de Lugo asume así o acordo que adoptou onte a Federación Española de Municipios e Provincias e vaille facer esta proposta á oposición municipal.

A rebaixa de salarios levarase ó próximo pleno do Concello e está previsto aplicala con data do 1 de xuño, igual ca redución de soldos dos traballadores municipais, segundo explicou a Concelleira de Economía e Emprego.

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova