Traballadores de Calfensa plantaron hoxe o logotipo de Lugo10 ó pé da Muralla. Os xardineiros plantaron ás flores nos xardíns da Mosqueira nunha nova mostra de apoio da empresa Calfensa á conmemoración do décimo aniversario da declaración da Muralla de Lugo como Patrimonio Mundial pola UNESCO. A petición do Concello, Calfensa accedeu a representar o logotipo de Lugo10 con flores a maiores do convenio de colaboración que ten asinado para patrocinar o programa de actividades de Lugo10.