Imprimir

AS ESCOLAS MUNICIPAIS DE PATINAXE CELEBRARON A FESTA DE FIN DE CURSO


27/5/2010 Participaron numerosos nenos e nenas, así como varios adultos

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, asistiu onte, 26 de maio, á festa de fin de curso das Escolas Municipais de Patinaxe.

A clausura tivo lugar no pavillón municipal da Piringalla e asistiron unha gran cantidade de nenos e nenas, así como adultos que se calzaron os patíns, algúns por primeira vez, asistidos polos monitores.

Ademais de disfrutar dos patíns os participantes merendaron no pavillón.

deportes.lugo.es