Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo abrirá máis de 660 metros de novos viais no barrio da Milagrosa


# Xoves, 27/05/2010
As novas vías supoñen un aumento de 125 aparcamentos na zona

Imaxe Asociada
O Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, anunciou esta mañá a apertura a vindeira semana de máis de 660 metros de novos viais no barrio da Milagrosa comprendidos entre Camiño de Pipín, Rúa das Fontes, Avenida da Coruña, Rúa da Milagrosa e Curros Enríquez. Esta novas rúas que se abrirán a comezos do mes de xuño son: Avenida Reverendo Xosé Fernández Núñez, Rúa Anselmo Sampedro Ania, Rúa Alfredo Vila e Rúa Eloi Maquieira.

Os novos viais forman parte do desenvolvemento de catro unidades de actuación: N-19, N-16, CN-10 e CN-19 de promoción privanda “pero nas que o Concello puxo moito interese para que saíran adiante”, explicou o Concelleiro.

A apertura destas vías suporá un aumento de 125 novas prazas de aparcamento na zona, o que cumpre coas demandas dos veciños e veciñas e comerciantes deste barrio da cidade.

O edil resaltou a preocupación do equipo de Goberno no desenvolvemento dos barrios, “o que redunda nunha mellor calidade de vida da cidadanía, neste caso dos veciños e veciñas da Milagrosa, zona na que estamos a realizar tamén outras importantes actuacións como as obras de peonalización do parque da Milagrosa ou o proxecto de renovación de abastecemento e saneamento da rúa Illas Cíes pertencente ao Plan E do 2010 que xa está adxudicado”, indicou Piñeiro.

O Concelleiro resaltou a importancia da apertura das novas rúas para a mellora da fluidez da circulación, para o que os técnicos do Concello elboraron un plan de tráfico que facilite a circulación dos vehículos.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova