Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O CEI-Nodus acolle un encontro no que diferentes emprendedores compartirán a súa experiencia


# Venres, 28/05/2010
O evento está organizado por Iniciador Galicia coa colaboración do Concello de Lugo

O Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo acolle esta tarde a partir das 19.00 horas un encontro dirixido a emprendedores co obxectivo de crear un foro onde podan compartir o seu coñecemento e experiencias.

O programa Iniciador de emprendedores para emprendedores é un evento que naceu en maio de 2007 en Madrid grazas á iniciativa de tres persoas: Ángel María Herrera, Javier Martín e Lucas Rodríguez Cervera. Nesta ocasión contan coa colaboración do Concello de Lugo para a organización dun encontro cos emprendedores lucenses.

O evento está dirixido principalmente a emprendedores tecnolóxicos, aínda que está aberta a outras áreas e persoas interesadas en emprender. Búscase a creación dun espazo no que poder falar sobre a búsqueda de financiamento, plans de negocio, promoción dun produto, provedores e servizos... Ademais, preténdese que emprendedores xa consolidados podan axudar e animar aos que teñen, polo momento, soamente unha idea de negocio e están pensando en dar o salto.

O evento contará con dúas partes:

1.- Os asistentes preséntanse aos demais para xerar unha atmosfera máis informal e participativa, que continúa cunha ponencia do invitado e remata cunha ronda de preguntas.

2.- Orientada ao networking e intercambio de ideas nun ambiente máis relaxado.

cei.lugo.es

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova