Cargando....
Concello de Lugo
21/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo entregou os diplomas aos participantes en cinco cursos do programa Lugo, emprego activo


# Venres, 28/05/2010
As actividades formativas teñen como obxectivo a inserción laboral das persoas desempregadas, especialmente das que contan con máis dificultades

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, participaron esta mañá na entrega de diplomas aos participantes nos cursos do programa Lugo emprego activo , cofinanciado polo Fondo Social Europeo e que se levaron a cabo desde o Espazo>lab, centro de orientación do Concello de Lugo.

Ao longo do proxecto, que comezou en 2009, impartíronse un total de dez cursos.

Lugo, emprego activo diríxese a un total a 300 persoas e ten como obxectivo a inserción laboral dos desempregados, especialmente das que teñen maiores dificultades. O número de persoas participantes foi de 15 por cada un dos cursos; é dicir, un total de 150 para a primeira fase do proxecto. Na actualidade estase a comezar con outros dez cursos dirixidos a outras 150 persoas.

A metodoloxía de inserción implementouse a través de itinerarios personalizados, de modo que ademais dos cursos, os participantes realizaron talleres de habilidades sociais, hábitos laborais, medio ambiente, loita contra a exclusión social, e igualdade. Ao longo de todo o proceso recibiron orientación laboral, talleres de procura de emprego e, nestes momentos, unha vez finalizadas as accións formativas, realízase intermediación laboral para lograr un posto de traballo.

No acto celebrado esta mañá no Cei-Nodus entregáronse os diplomas dos participantes nas seguintes actividades formativas:

- Mecánico de vehículos lixeiros

- Monitor de transporte escolar adaptado

- Auxiliar de enfermaría en xeriatría

- Monitor de actividades de tempo libre para persoas con discapacidade

- Instalador de sistemas de enerxía solar térmica

cei.lugo.es

www.lugo.es/espazolab





Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova