Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A programación de Lugo10 continúa con tres espectáculos de danza


# Venres, 28/05/2010
*O venres 4 de xuño haberá unha actuación para nenos e unha gala de danza
* O día 11 de xuño terá lugar o espectáculo Lugo10 Danza na rúa


Imaxe Asociada

O vindeiro venres 4 de xuño terá lugar no Auditorio Municipal Gustavo Freire unha Gala de Danza Lugo10 organizada polo Conservatorio Profesional de Danza e o Concello de Lugo. O espectáculo foi presentado esta mañá na Casa do Concello pola Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, a directora da Gala Isabel Méndez, e os representantes da Asociación de Nais e Pais do Conservatorio, José Manuel Roca e Luis Ángel Figueiras Varela.

O programa do día comezará ás 12.00 horas cun espectáculo para escolares da cidade que conta xa con máis de 600 nenos e nenas inscritos.

Xa pola tarde, os alumnos e alumnas do conservatorio de diferentes graos de danza clásica e contemporánea interpretarán un total de oito coreografías que terán como motivo a Muralla Romana.

Ademais, o vindeiro 11 de xuño terá lugar na cidade un espectáculo baixo o título Lugo10 Danza na rúa co que a Asociación de Pais e Nais do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo súmase á celebración dos dez anos da Muralla como Patrimonio Mundial.

Ás 19.30 horas no fondo da Praza Maior, un total de 42 bailaríns e bailarinas protagonizarán sete coreografías de diferentes estilos e que se inclúen no seguinte programa:

- Invitación á danza dende a Muralla.- Baila o alumnado de 1º grao profesional, especialidade Danza Clásica.

- Who cares?.- Baila alumnado de 3º e 4º de grao profesional da especialidade Danza Clásica.

- Mazurca: baila o alumnado de 2º grao profesional da especialidade Danza Clásica.

- Dualités: baila o alumnado de 3º e 4º grao profesional da especialidade Danza Contemporánea.

- Contravento: baila o alumnado de 2º grao profesional de Danza Clásica e 1º grao profesional das dúas especialidades.

- Variación do primeiro acto, escea segunda do ballet “La Bayadera”.- Baila o alumnado de 3º grao profesional da especialidade de Danza Clásica.

- Ser-Terra: baila o alumnado de 2º e 4º grao profesional da especialidade contemporánea.

A Concelleira resaltou a colaboración do Conservatorio de Danza de Lugo coa programación de Lugo10 con motivo do décimo aniversario da Muralla como Patrimonio Mundial.

www.lugo10.es

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova