Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

80 persoas participaron no programa de inclusión pola arte


# Venres, 28/05/2010


Imaxe Asociada
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, informou hoxe de que case 80 persoas participaron no programa de inclusión pola arte, organizado pola Fundación Cumulum coa colaboración do Concello de Lugo.

As actividades deste programa teñen lugar dende o 7 de maio ata o día 3 de xuño e contaron coa participación das entidades Anade, Alume e Cogami.

Carmen Basadre indicou que o programa tivo moito éxito nas entidades que participaron, e sinalou que o obxectivo deste programa é “dar a oportunidade a persoas discapacitadas de experimentar novas vivencias”.

A presidenta da Fundación Cumulum, Luz Darriba, anunciou que mañá, sábado, unha vintena de participantes no programa de inclusión pola arte farán unha performance, aberta a quen queira tomar parte, a partir das 10.30 na zona peatonal da Muralla.

O actor uruguaio-arxentino Alejandro Masseilot, que é o encargado de impartir os obradoiros, explicou que o xeito de traballar é diferente segundo que tipo de discapacidade teñan os participantes.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova