Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo e o RACC presentan a campaña Econdución para promover unha mobilidade máis sostible


# Luns, 31/05/2010
Lugo é a terceira cidade galega que se adhire á promoción de hábitos e boas prácticas para minimizar o impacto medioambiental dos automóbiles


Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Concello de Lugo e o RACC lanzan a campaña Econdución: por un uso máis racional do automóbil, que a través do lema Lugo practica a Ecoconducción: móvete en transporte público sempre que poidas, persegue reducir déficits de información e de formación detectados entre os condutores en relación ao impacto medio ambiental dos automóbiles. A campaña foi presentada esta mañá na Casa do Concello polo Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, e a responsable da Fundación RACC Galicia-Asturias, Lucía Serantes, co obxectivo de promover unha reflexión sobre a mobilidade sostible.

O Concello de Lugo é o terceiro de Galicia que se adhire á promoción de hábitos e boas prácticas para minimizar o impacto ambiental dos automóbiles e estimular o aforro enerxético.

Econdución nace cun triple obxectivo:
-Promover unha mobilidade máis respectuosa co medio ambiente
-Promover o uso do transporte público
-Promover prácticas eficientes de condución

Econdución toma como punto de partida que é urxente actuar, e facelo de forma coordinada. “Todos temos responsabilidade en facer as nosas cidades máis verdes: a Administración, os fabricantes e os usuarios”, indicaron. Ata o día de hoxe, 8 cidades españolas xa se adheriron a esta campaña: Barcelona, Madrid, Granada, Murcia, Ferrol, A Coruña, Málaga e Lugo.

Lugo practica a econdución
O RACC e Concello de Lugo uniron esforzos para lanzar unha campaña de concienciación en prol dunha mobilidade máis sustentable e respectuosa co medio ambiente na cidade. A nivel práctico esta iniciativa consiste en:

1- Mensaxe da campaña na rúa: En total haberá 18 mupis e se rotulará un autobús (liña 11, circular)

A mensaxe que se poderá ler é: Lugo practica a econdución: Móvete en transporte público sempre que poidas.

2- Adhesión á web www.econduccion.es con actuacións globais da campaña, consellos sobre a compra de vehículos ecolóxicos, documentación sobre automóbil e medio ambiente e espazos interactivos para fomentar unha mobilidade máis sustentable entre os usuarios.

Enquisa de hábitos ambientais
Da enquisa de opinión realizada pola Fundación RACC entre 1.400 condutores para coñecer a evolución da opinión sobre o medio ambiente, despréndese o seguinte:

- Preocupación e información sobre medio ambiente: Os españois móstranse preocupados polos temas ambientais, un 5% máis que no 2007. Tamén se manifestan informados respecto destes temas, cun incremento do 18,5% respecto ao 2007.

- A compra do vehículo: ampla marxe de mellora. Os condutores españois estarían dispostos a comprarse un vehículo ecolóxico aínda que iso representase reducir a autonomía e potencia do vehículo. A marxe de mellora provén do feito de que manifestar non estar dispostos á adquisición dun vehículo ecolóxico se iso leva un incremento de prezo de compra.

-Como mellorar o medio ambiente? Entre as medidas máis valoradas para mellorar o medio ambiente están as vinculadas a incentivar a compra de vehículos menos contaminantes. En cambio, a creación de peaxes urbanas para reducir a conxestión e a contaminación é a medida con menor aceptación.

www.econduccion.es

Liñas Autobuses Lugo




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova