Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello prevé entregar en xuño o Cuartel de San Fernando á Xunta


# Luns, 31/05/2010
* O ALCALDE DE LUGO EXPRESOU A SÚA SATISFACCIÓN POLA PRESENTACIÓN DO PROXECTO DO AUDITORIO
* Lugo disfrutará do Auditorio en dous ou tres anos, segundo o Conselleiro de Infraestruturas


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, amosou a súa satisfacción pola presentación do proxecto de construción do Auditorio.

O Alcalde participou esta mañá, co Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no acto de presentación do proxecto do Auditorio, que se levantará na Acea de Olga, na avenida de Magoi.

“Estamos tan desexosos de ter un Auditorio que non se poden imaxinar a alegría que causa na cidade e máis aínda o día que se inaugure”. O Alcalde manifestou que “o meu desexo é que o máis pronto se poida licitar a obra”. Para López Orozco, o Auditorio “é unha grande necesidade para a cidade”. O Alcalde indicou que “este mes de xuño agardamos ter entregado á Xunta o Cuartel de San Fernando”. Tamén se felicitou pola convocatoria dun concurso de ideas, que fixo o Goberno de Touriño, para elixir o proxecto. Este sistema, dixo o Alcalde, facilitará que a cidade “se vaia facendo cunha arquitectura propia da nosa época”.

O Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, explicou que a pesar das restricións orzamentarias vaise financiar o proxecto porque “non parecía lóxico que Lugo carecera dunha dotación que teñen as outras cidades galegas, incluída Vilagarcía”.

O Conselleiro manifestou que Lugo disfrutará do Auditorio no prazo de dous a tres anos. Segundo explicou Hernández, a licitación das obras farase no verán co obxecto de comezar as obras antes de que remate o ano. A execución da obra durará de 20 a 24 meses, segundo as previsións do Conselleiro.

Agustín Hernández tamén explicou que o orzamento do proxecto será duns 20 millóns de euros, seis máis dos inicialmente previstos.

O edificio ocupará uns 20.000 metros cadrados. Disporá dunha sala con capacidade para 900 espectadores, outra para conferencias e concertos con aforo para 300 persoas, así como espazos para actividades teatrais, escola de música e mediateca, entre outros equipamentos.Tamén disporá dun aparcadoiro con 330 prazas de estacionamento.

O edificio terá seis alturas, aproveitando o desnivel do terreo, pretende integrarse totalmente co contorno e estará orientado ó río Miño.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova