Cargando....
Concello de Lugo
23/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concelleira de Economía e Emprego recibe a un grupo de estudantes franceses


# Luns, 31/05/2010
Os rapaces e rapazas están a manter un intercambio de estudos co Colexio Galén

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, recibiu esta mañá na Casa do Concello a un grupo de trinta estudantes franceses que están a manter un intercambio de estudos co alumnado do Colexio Galén de Lugo. Os rapaces e rapazas estiveron acompañados neste acto por dúas profesoras francesas e dúas lucenses.

Os rapaces e rapazas do centro parisino están a convivir cos lucenses desde o pasado xoves 27 de maio.

A Concelleira animou aos estudantes franceses a disfrutar do patrimonio cultural, histórico e natural co que conta a cidade, así como a compartir o seu tempo de ocio cos rapaces e rapazas de Lugo.

Méndez entregou ás profesoras parisinas un libro sobre a cidade para que forme parte da biblioteca do seu centro en Francia.

Este é o terceiro ano que o centro lucense e o francés realizan o intercambio de estudos.

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova