Imprimir

A CONCELLEIRA DE ECONOMÍA E EMPREGO RECIBE A UN GRUPO DE ESTUDANTES FRANCESES


31/5/2010 Os rapaces e rapazas están a manter un intercambio de estudos co Colexio Galén

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, recibiu esta mañá na Casa do Concello a un grupo de trinta estudantes franceses que están a manter un intercambio de estudos co alumnado do Colexio Galén de Lugo. Os rapaces e rapazas estiveron acompañados neste acto por dúas profesoras francesas e dúas lucenses.

Os rapaces e rapazas do centro parisino están a convivir cos lucenses desde o pasado xoves 27 de maio.

A Concelleira animou aos estudantes franceses a disfrutar do patrimonio cultural, histórico e natural co que conta a cidade, así como a compartir o seu tempo de ocio cos rapaces e rapazas de Lugo.

Méndez entregou ás profesoras parisinas un libro sobre a cidade para que forme parte da biblioteca do seu centro en Francia.

Este é o terceiro ano que o centro lucense e o francés realizan o intercambio de estudos.