O Concello de Lugo presenta a VIII edición da Mostra de Teatro Cidade de Lugo coa colaboración da Vicerreitoría de Cultura da USC e a Escola Arte e Lecer Fingoi, que nesta edición estará coordinada por Palimoco Teatro. A nova edición foi presentada esta mañá pola Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, o Vicerreitor da USC Carlos Herrero, a Directora da Escola de Arte e Lecer, María Asunción Fernández, e representando ao grupo de teatro Palimoco, Alba Fernández.
Este ano os grupos participantes da mostra serán:
- Achádego Teatro, Hipócrita Teatro e Nova Escena Teatro, que representarán ao teatro afeccionado da nosa cidade.
- Matapiollos Teatro e Alberte Cabarcos representarán o teatro profesional.
- Compañía independente GULA GULA achegan o teatro universitario do campus
- E tamén poderase ver á aula de teatro co Concello de Lugo
Programación
Día: 4 de xuño
Hora: 20:OO
Obra: Conferencia-coloquio / Dirección e posta en escena / Fundación Caixa Galicia
Compañía: JULIÁN HERRERO e DANIEL SALGADO
Día: 7 DE XUÑO
Hora: 20:30
Obra: A HORA DAS CERDEIRAS
Compañía: CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN. CONCELLO DE LUGO
Día: 8 DE XUÑO
Hora: 20:30
Obra: O INSPECTOR
Compañía: NOVA ESCENA
Día: 12 DE XUÑO
Hora: 12:00
Obra: O TREN DOS TRES MERLIÑOS
Compañía: ACHÁDEGO TEATRO
Na praza Maior
Día: 12 DE XUÑO
Hora: 18:30
Obra: A REBELIÓN DO MONICREQUE
No Auditorio
Compañía: MATAPIOLLOS
Día: 13 DE XUÑO
Hora: 20:30
Obra: “BLUE ISLAND” (un lugar axeitado para criminais)
Compañía: GULA GULA
Día: 14 DE XUÑO
Hora: 20:30
Obra: HOMES EN ESCABECHE
Compañía: HIPÓCRITA
Día: 15 XUÑO
Hora: 20:30
Obra: O EMIGRANTE
Compañía: ALBERTE CABARCOS
Todas as obras terán lugar no Auditorio Municipal, agás a matutina do 12 de xuño que será na praza Maior.
Durante o acto de presentación da Mostra de teatro, Alberte Cabarcos representou unha escea da obra O Emigrante.