Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O 12 e o 13 de xuño terá lugar o I Mercadillo de Trastos Belos Cidade de Lugo


# Martes, 01/06/2010
Está confirmada a participación de máis dunha vintena de expositores nacionais e internacionais

Imaxe Asociada
Durante os días 12 e 13 de xuño terá lugar na praza do Seminario Menor o primeiro Mercadillo de Trastos Belos Cidade de Lugo que foi presentado hoxe polo Concelleiro de Deportes e Turismo, José Manuel Díaz Grandío, e a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, e o organizador do evento José Novo. A intención deste mercadillo, ademais de divulgar o nome de Lugo e os seus patrocinadores tanto a nivel nacional como internacional, é ser un referente anual neste tipo de eventos.

Díaz Grandío resaltou que “este mercado se converterá nun importante evento para a nosa cidade que atraerá a xente da cidade pero tamén de fóra”.

No primeiro mercadillo de trastos belos poderanse encontrar: compraventas de motos e repostos antigos e clásicos, compravenda de coches clásicos, exposición de maquinaria agrícola, así como unha ampla gama de exposición tanto en coches, motos e aperos antigos. Haberá vehículos emblemáticos como Bultaco, Montesa, Ossa, BMW, Seat,... procedentes de colecciones particulares e de clubs de toda España.

Neste mercadillo non solo se poderán admirar e mercar algúns dos numerosos vehículos antigos que se mostren na exposición senón que poderán adquirir aqueles recambios necesarios para o mantemento dos “clásicos” e que son tan complicados de atopar.

Xa está confirmada a participación de máis dunha vintena de expositores nacionais e internacionais.

Horario de apertura:
- Sábado 12 de xuño de 10:00 a 20:00 horas
- Domingo 13 de xuño de 10:00 a 15:00 horas.

Prezo de entrada ao recinto: 2 euros.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova