Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O ALCALDE DE LUGO OFRECE A COLABORACIÓN DO CONCELLO Ó NOVO REITOR DA UNIVERSIDADE


# Mércores, 02/06/2010
Juan Casares Long visitou esta mañá ó Alcalde

Imaxe Asociada

O Alcalde, José López Orozco, ofreceulle a colaboración do Concello ó novo Reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares Long, e desexoulle “moito éxito” no seu mandato.

O novo Reitor e varios membros do seu equipo visitaron esta mañá ó Alcalde na Casa do Concello.

Trala entrevista que mantiveron, López Orozco manifestou que “o Concello sempre está aberto a colaborar coa Universidade e o Campus de Lugo”. Tamén agradeceu a visita do novo Reitor e anunciou a súa intención de acudir á toma de posesión do recén elixido Reitor.

Casares Long subliñou que o encontro co Alcalde de Lugo é a primeira das visitas institucionais que fai trala súa elección e antes de ser investido, o día 25 de xuño. O novo Reitor marcouse o obxectivo de que “o Campus de Lugo siga a ser referente nas áreas nas que xa o é e mellorar o posible nas que necesitan un pulo”.

Sobre o financiamento da Universidade, o novo Reitor indicou que “o sistema universitario galego necesita atención por parte da sociedade” e engadiu que “a Universidade de Santiago ten características especiais, é o principal centro de investigación de Galicia e necesita un recoñecemento especial”.

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova