Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde recibe a un cento de xubilados de Comisións Obreiras


# Mércores, 02/06/2010


Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta tarde no Concello a un cento de xubilados do sindicato CCOO, encabezados polo secretario xeral da Federación de Pensionistas de Comisións Obreiras de Galicia, que participan na nosa cidade nun seminario.

Na recepción o Alcalde agradeceulle ó sindicato que elixira a nosa cidade para manter este encontro e animou ós participantes no encontro a coñecer e desfrutar da cidade. Tamén indicou que aínda que este é un momento económico complicado, a nosa cidade “non lle ten medo ó futuro”. O Alcalde explicoulles ós veteranos sindicalistas algunhas das infraestruturas que se están a desenvolver en Lugo e asegurou que cando remate a actual situación económica “non imos pensar igual en temas como o medio ambiente “.

O seminario, organizado pola Federación de Pensionistas de CCOO de Galicia, comezou onte e rematará mañá. Nel participan 115 xubilados de Galicia, Asturias e Madrid.

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova