Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo10 patrocina as Xornadas Coñecer a Romanización que comezan hoxe


# Mércores, 02/06/2010


Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, agradeceu a LugoPatrimonio a divulgación que fai da muralla e da historia de Lugo.

O Alcalde participou na presentación das xornadas “Coñecer a romanización: a Muralla de Lugo e a Gallaecia Romana”, que organiza esta entidade co patrocinio de Lugo10. No acto interviron tamén o Vicepresidente da Deputación, Antón Bao, o Presidente de LugoPatrimonio, Lois Diéguez e o historiador Adolfo de Abel Vilela.
López Orozco indicou que “co apoio a xornadas como esta cumplimos as funcións para as que naceu Lugo10, dar apoio a iniciativas que supoñen un beneficio cultural e social”.

O Presidente de LugoPatrimonio explicou que xornadas coma estas contribúen a “elevar a preparación cultural e a conciencia” do noso patrimonio.

As Xornadas comezan hoxe cunha conferencia sobre o profesor emérito da Universidade de Santiago Antonio Rodríguez Colmentero.

O mércores día 9, ás 20.00 pronunciará una conferencia o arqueólogo Enrique González Fernández sobre “O amencer da primeira cidade de Galicia: Lucus Augusti”.

O sábado día 12, ás 11.00, haberá unha visita ós centros de interpretación da cidade.

O mércores, día 16, ás 20.00, a arqueóloga Margarita Sánches Simon pronunciará a conferencia “Unha vila na Gallaecia baixo imperial: Almenara de Adaja-Puras (Valladolid)

Os días 19 e 20 está programada unha viaxe a Valladolid e Palencia para visitar o Museo das Vilas romanas e a Vila romana de La Olmeda.

O día 23, o historiador Adolfo de Abel Vilela pronunciará a conferencia “A muralla:unha viaxe pola historia”, ás 20.00
O programa rematará o día 26 cun percorrido pola Muralla, que sirá da praza de Pío XII ás 11.00.

As conferencias terán lugar no salón da Fundación Caixa Galicia.

www.lugo10.es

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova