Imprimir

O TRIBUNAL SUPERIOR DE GALICIA DALLE A RAZÓN Ó CONCELLO EN PAGARLLE ÓS POLICÍAS LOCAIS AS NOITES QUE TRABALLAN


2/6/2010 Unha sentenza da Sala do Contencioso denega o pago de 180 euros por nocturnidade que pedían nun recurso algúns Policías Locais

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia denegou o pago de 180 euros de nocturnidade que pedían varios policías locais nun recurso contencioso administrativo.

A sentenza da Sala do Contencioso do Tribunal Superior coincide coas teses defendidas polo Concello de pagar só a nocturnidade.

O pronunciamento do Alto Tribunal galego é consecuencia do recurso que interpuxeron varios policías contra un acordo da Xunta de Goberno Local de novembro de 2006 que aprobou a Relación de Postos de Traballo para o ano 2007.

O Tribunal Superior tamén desestima a nulidade da Relación de Postos de Traballo por falta de negociación, como pedían os autores do recurso.

A sentenza admite outras peticións dos policías que interpuxeron o recurso que xa foron resoltas pola reestructuración acometida na Policía Local e na redacción da nova Relación de Postos de Traballo, polo que o Concellería de Réxime Interior e Protección da Comunidade considera que a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ven avalar a reestructuración e reordenación que levou a cabo.