Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

LUGO10 PROGRAMA TRES CONCERTOS DE JAZZ NA RÚA NO CICLO MURAJAZZ


# Xoves, 03/06/2010


Imaxe Asociada Imaxe Asociada

A Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, presentou hoxe un ciclo de música de jazz na rúa que organiza Lugo10. Mundiña salientou que esta iniciativa pretende “achegar a música ós lucenses” .

A “big band” Murajazz ofrecerá tres concertos durante este verán que comezarán o xoves 10 de xuño, ás nove e media da noite na praza Maior. O segundo concerto está programado para o 20 de xullo e terá lugar na praza Anxo Fernández Gómez e o último será o 29 de xullo de novo na praza Maior.

Canda a Concelleira de Cultura presentaron este ciclo Alejandro Troya, o director da banda que forman 21 membros, e Armando Morales, o presidente da Asociación Sons do Miño impulsores desta formación musical que ensaia en Rábade.

Na rolda de prensa, á que asistiron algúns dos compoñentes de Murajazz, estes interpretaron unha pequena mostra do seu repertorio.

www.lugo10.es


Programa do concerto
THE CHICKEN…………………………….FRED ELLIS.
Solo de saxo tenor: Gerardo Fernández
Solo de guitarra: Pablo González

HARLEM NOCTURNE………………,.…..EARLE HAGEN.
Moitos dos presentes recoñecerán a melodía que soaba como cabeceira da serie televisiva “Mike Hammer”
protagonizada por un detective de Nova York nos anos 80.
Solo de saxo alto: Iván Abel
Solo de trompeta: Adrián Lage

ROCK AROUND THE CLOCK…………MAX C. FREEDMAN, JIMMY DeKNIGHT.
Non foi a primeira canción que poderiamos considerar de rock pero si foi a primeira peza de rock que acadou o nº 1
das listas de ventas dos E.E.U.U.
Solo de trompeta: Adrián Lage

FLY ME TO THE MOON……………………BART HOWARD.
Frank Sinatra gravou esta canción en 1964 no disco "It Might as Well Be Swing" con Count Basie, converténdose na
versión de referencia ata os nosos días.
Voz solista: Tabea Graser

IT DON´T MEAN A THING (IF IT AIN’T GOT THAT SWING)…DUKE ELLINGTON, IRVING MILLS.
SATIN DOLL…………………….DUKE ELLINGTON, JOHNNY MERCER, BILLY STRAYHORN.
Solo de trompeta: Jesús Moure

ON BROADWAY…………...BARRY MANN, CYNTHIA WEIL, MIKE STOLLER, JERRY LEIBER.
Solo de batería: José A. Salvador
Solo de percusión: Dyango Pérez

GAROTA DE IPANEMA ……………………….......VINICIUS DE MORAES, ANTONIO CARLOS JOBIM.
Os versos orixinais eran moi distintos. Tanto Jobim como Vinicius non estaban conformes coa letra ata que un día,
cando ambos estaban na terraza do Bar Veloso (hoxe Garota de Ipanema, na esquina de Prudente de Morais con
Montenegro, en Rio de Janeiro) decidiron, en homenaxe á beleza, rebautizar a canción e adicarlla unha garota (moza)
que soía pasar cara a praia:
Olha que coisa mais linda, mais cheia de graça
É ela a menina que vem e que passa
Num doce balanço caminho do mar.
Moça do corpo dourado, do sol de Ipanema
O seu balançado é mais que um poema
É a coisa mais linda que eu já vi passar...
Voz solista: Tabea Grasser

BLUESETTE…………………………….…..JEAN THIELEMANS.
HOW HIGH THE MOON……………………NANCY HAMILTON, MORGAN LEWIS.
Solo de trompeta: Adrián Lage

LOVE………………………………BERT KAEMFERT, MILT GABLER.
Voz solista: Tabea Graser
Solo de trompeta: Hannah Graser

A STRING OF PEARLS………………………….JERRY GRAY.
OYE COMO VA………………………………….…TITO PUENTE.
En memoria de Tito Puente, coñecido como “O Rei do Timbal”, fillo de portorriqueños, nacido en Nova York, de cuia
desaparición van cumprirse agora 10 anos.
Solo de saxo tenor: Armando Morales
Percusión: Dyango Pérez

STARDUST…………………MITCHELL PARISH, HOAGY CARMICHAEL.
Solo de fliscorno: Adrián Lage

AIN´T THAT A KICK...…………...…....SAMMY CAHN, JAMES VAN HEUSEN.
Voz solista: Tabea Graser

BLUES MACHINE………………….MICHAEL SWEENEY.


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova