Imprimir

O CONCELLEIRO DE DEPORTES PRESENTA O CAMPUS LUGOBASQUET 2010


3/6/2010

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Grandío, presentou hoxe o Campus Lugobasquet 2010 que terá lugar en Lugo do 27 de xuño ó 3 de xuño e que se dirixe a rapaces de 7 a 18 anos.

Na presentación tamén participaron Patricia Rico, Delegada da Federación de Baloncesto en Lugo, Santiago Argüeso, Vicepresidente do Clube Ensino; Antón Veiga, da área de Deportes da Deputación, e Iván García, coordinador de actividades do Clube Ensino.

O Campus será basicamente de baloncesto aínda que tamén estarán previstos outros deportes alternativos e programarase unha excursión.

As actividades deste campus serán no Pazo provincial dos Deportes e o horario será de 10.00 a 20.00 horas.

A planificación do Campus correrá a cargo de Ignacio Rama Casás de Fernando Fernández Allende.

O prezo das inscricións é de 70 euros no réxime de media pensión e de 180 no de pensión completa. Na páxina web www.ensinolugo.com ofrecese máis información e está dispoñible o boletín de inscrición.

www.ensinolugo.com