Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo dota ao barrio de Albeiros cun novo parque biosaudable


# Xoves, 03/06/2010
O Alcalde e os Concelleiros de Infraestruturas e Medio Ambiente anunciaron melloras en dúas vías da zona por valor de máis de 200.000 euros

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, e o Concelleiro de Medio Ambiente e Zona Rural, Lino González Dopeso, visitaron esta tarde o novo parque biosaudable situado no parque de Albeiros.

A Concellería de Medio Ambiente e Zona Rural dotou a este parque cuns dez aparatos, cumprindo coa demanda dos veciños e veciñas da zona. Este espazo converterase nun lugar de xuntanza para que a xente maior da nosa cidade, e sobre todo do barrio de Albeiros, realice exercicio ao aire libre.

Na instalación dos aparatos e do céspede artificial o Concello investiu arredor de 20.000 euros.

Investimento en infraestruturas
Por outra banda, o Alcalde e os Concelleiros presentaron novas actuacións que terán lugar na rúa Garaballa de Abaixo e en Camiño do Souto. Trátase de dous proxectos redactados pola Concellería de Infraestruturas e que neste momento están en fase de contratación, e que comezarán, previsiblemente, no prazo dun mes.

O Concello investirá máis de 220.000 euros na renovación do pavimento e recollida das augas pluviais nestas vías, cumprindo así o compromiso do Goberno Local cos veciños e veciñas da zona.

As actuacións suporán unha mellora substancial para a calidade de vida da cidadanía lucense e, especialmente, deste barrio. As obras fará máis cómoda a circulación polos viais e aumentará a limpeza das rúas.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova