Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo e a empresa Urbaser asinan un convenio de colaboración no marco de Lugo10


# Venres, 04/06/2010
A empresa financiará con 60.000 euros a programación de celebración do décimo aniversario da Muralla como Patrimonio Mundial

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Director da zona de Urbaser en Galicia, Julio Gancedo, asinaron hoxe un convenio de colaboración no marco de Lugo10 para a realización dos actos e actividades que se engloban baixo a marca coa que o Concello de Lugo está a conmemorar o décimo aniversario da Muralla Romana como Patrimonio Mundial.

O convenio establece a colaboración para a organización, programación e posta en marcha deste programa cultural, artístico, deportivo, científico, turístico e, sobre todo, social.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, indicou que “segue a andaina de Lugo10 e agradeceu a colaboración de Urbaser como patrocinador cunha importante cantidade para axudar a desenvolver os actos que rematarán o 30 de novembro lembrando os dez anos desde que se acadou o título da Muralla como Patrimonio Mundial”. López Orozco resaltou o esforzo que realiza a empresa a favor da cidade e do seu monumento máis emblemático.

A empresa colabora coa achega de 60.000 euros para asumir os gastos derivados das actividades realizadas polo Concello na execución do programa Lugo10, actuando así como patrocinador.

A cambio, o Concello de Lugo fará constar a colaboración de Urbaser nun lugar prioritario do conxunto de accións incluídas na comunicación global corporativa, como campañas de publicidade e marketing que se leven a cabo.

O Director de Urbaser recibiu de mans do Alcalde o título de embaixador da Muralla Romana acompañado dun diploma acreditativo e un agasallo institucional de cerámica. Gancedo afirmou que “a Muralla é un monumento irrepetible e excepcional polo que estamos encantados de colaborar con Lugo10”.

www.lugo10.es

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova