Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O ALCALDE DE LUGO PRESENTA A SEMANA DO EMPRENDEMENTO


# Venres, 04/06/2010
Os actos desenvolveranse do 14 ó 18 de xuño organizados pola Rede Mercurio

Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presentou esta mañá a Semana do Emprendemento nun acto no que tamén interviron o Presidente da CEL, Luis García Santalla, a Vicepresidenta da Deputación, Lara Méndez, e a Vicerreitora adxunta de Infraestruturas, Marta Miranda.

O Alcalde agradeceu o labor das 14 entidades que participan na Rede Mercurio que naceu hai un ano para coordinar actuacións en materia de emprendemento. Dúas novas entidades, Cogami e o Centro Tecnolóxico Lácteo, acaban de incorporarse a esta Rede que leva a cabo as liñas de traballo Emprende, Aprende, Innova e Internacionaliza.

López Orozco salientou a importancia da “colaboración de entidades públicas e privadas que nos unimos para facer fronte á crise” e dixo que “a inacción e o xa veremos non solucionan nada”. Ademais, o Alcalde indicou que “a formación é a ferramenta máis importante” e dixo que “Lugo dispón de recursos humanos preparados, ten vivenda e solo suficiente, solo empresarial ó que pronto se sumarán dous millóns de metros cadrados no polígono das Gándaras e tamén ten comunicacións desenroladas”. Como aspecto máis preocupante, o Alcalde sinalou o envellecemento da poboación do que dixo que “é o primeiro problema de Estado”.

Programa da Semana do Emprendemento

A Semana do Emprendemento celebrarase baixo o lema “Emprende. Pon os teus soños a traballar”. As actividades comezarán o luns 14 de xuño cun almorzo de emprendedores que terá lugar na Fundación Cel. O martes, día 15, terá lugar unha charla sobre aspectos xurídicos na creación de empresas de base tecnolóxica, na Escola Politécnica Superior da USC. O mércores 16 celebrarase o Día do Emprendemento. O programa desenvolverase de 10.00 a 20.30 horas. Están previstas varias charlas e debates nos que intervirán emprendedores lucenses de éxito.
A Semana continuará o xoves, día 17, cunha charla sobre imaxe de marca persoal, no CEI-NODUS. A programación acabará o venres cunha charla sobre Europa na creación de emprego, que terá lugar na Deputación provincial. 
 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova