Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo reparte máis de 500 plantas con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente


# Venres, 04/06/2010
O obxectivo é concienciar á cidadanía da necesidade de coidar o entorno natural

Imaxe Asociada
O Concello de Lugo, dende a Concellería de Medio Ambiente que dirixe Lino González Dopeso, repartiu hoxe máis de 500 plantas con flores con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente.

Foron moitos os lucenses que se achegaron ata a Praza Maior esta mañá para conseguir a súa planta. Os traballadores de Calfensa, a empresa encargada do mantemento dos parques e xardíns da cidade, entregaron á cidadanía lucense diferentes tipos de plantas da tempada: petunias, begonias, tajetes e alegrías.

Con esta iniciativa, que leva promovendo o Concello de Lugo dende fai varios anos, preténdese concienciar á cidadanía da necesidade de coidar o noso entorno.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova