Cargando....
Concello de Lugo
27/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Arde Lucus contará coa súa propia moeda na edición 2010


# Venres, 04/06/2010
O Concello e a Cohors III Lucensium presentaron os denarios que poderán usarse en 50 establecementos da cidade

Imaxe Asociada

A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, e o presidente da Asociación Cohors III Lucensium, Manuel Fernández Díaz, presentaron a nova moeda acuñada para a edición do Arde Lucus 2010.

A Concelleira resaltou a implicación da asociación ano tras ano coa festa facendo que sexa aínda máis atractiva para lucenses e visitantes.

Segundo explicou o presidente da asociación, acuñáronse un total de 3.000 moedas de bronce cun valor de 2 euros cada unha. No anverso pódese ver o rostro de César Augusto coa inscrición “Caesar Augustus Divi e Pater Patriae” (César Augusto divino padre de la patria) e no reverso aparece o xabarín símbolo da asociación.

As moedas poderán adquirirse no Banco Oficial creado pola Asociación na rúa da Cruz e poderán usarse nun total de 50 establecementos, a maioría deles de hostalería do recinto histórico. Os locais que participan na iniciativa contarán cun cartel indicativo do establecemento como que acepta o pago en denarios.

Unha vez rematada a festa os bares que colaboran e os usuarios particulares poderán canxear os denarios por moedas de curso legal ata o 30 de xuño no banco da asociación.

Para obter máis información pódese visitar a web da asociación www.cohorsiiilucensium.es ou no teléfono: 629 842 614.

www.ardelucus.com

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova