Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello leva gastados 12.500 euros en limpar pintadas


# Luns, 07/06/2010


Imaxe Asociada
O Concello de Lugo leva investidos no que vai de ano 12.500 euros na limpeza de pintadas en edificios da cidade, segundo informou o Concelleiro de Medio Ambiente e Zona Rural, Lino González Dopeso.

O Concelleiro indicou que cada mes o Concello gasta 2.500 euros en eliminalas pintadas de edificios da cidade, 2.000 en persoal e 500 en material. “Cada vez hai máis pintadas e gastamos máis en facelas desaparecer” sinalou González Dopeso. Tamén explicou que “límpanse todas as semanas e as veces volven aparecer nos mesmos lugares”.

González Dopeso tamén manifestou que ás veces a brigada de limpeza actúa a petición das comunidades de veciños, aínda que neste caso, ó ser as fachadas propiedade privada, é necesario contar co permiso da comunidade.

O Concelleiro explicou que a falta de civismo dos que fan pintadas chega incluso a atentar contra o patrimonio monumental da cidade, como é o caso das pintadas que se teñen feito na Muralla ou na Catedral.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova