Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde visitou as exposicións dos traballos realizados ao longo do inverno nos Centros de Convivencia da Milagrosa e Díaz de Castro


# Martes, 08/06/2010


Imaxe Asociada Imaxe Asociada

Os participantes realizaron manualidades, pinturas, encaixe de bolillos, macramé, entre outras nos obradoiros organizados polo Concello de Lugo

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, visitaron esta mañá as exposicións dos traballos realizados ao longo do curso dos talleres organizados polo Concello no Centro de Convivencia da Milagrosa e no de Díaz de Castro.

O Alcalde e a Concelleira puideron ver unha boa mostra dos traballos de manualidades, decoración de cristal, tear, cestería, punto de cruz... realizada polos preto de 200 participantes nos obradoiros dos dous centros.

Na súa visita López Orozco e Basadre, estiveron acompañados unha boa parte dos asistentes aos talleres ofertados ao longo do inverno pola Concellería de Benestar Social e Igualdade.

O Alcalde animou aos veciños e veciñas a participar nas actividades que se están a preparar de cara ao verán e que “agardo que satisfagan aos gustos de maiores e pequenos” e engadiu, “non faltarán as actividades máis demandadas nos últimos anos como o tai-chi ao aire libre”

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova