Imprimir

A FOLGA DE FUNCIONARIOS FOI SECUNDADA POLO 6,16% DO PERSOAL DO CONCELLO


8/6/2010

A folga de funcionarios foi secundada por 49 traballadores do Concello de Lugo, que representan o 6,16 % dos 796 funcionarios e empregados que ten a institución, segundo informou o Concelleiro de Réxime Interior e Protección da Comunidade, José Rábade.

Rábade sinalou que os departamentos nos que tivo máis incidencia a folga foron Estatística, Contratación, Facenda Local e Tesourería.

Tamén explicou o Concelleiro que non se produciu ningún incidente nesta xornada de paro “do que temos que felicitarnos todos”, dixo Rábade, que tamén sinalou que o Concello “respeta o dereito constitucional á folga”.