Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Concello e Deputación promocionan a Festa das Cereixas de Ribas de Sil na Praza de Abastos


# Martes, 08/06/2010


Imaxe Asociada
A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Alcalde de Ribas do Sil, Miguel Ángel Sotuela, presentaron hoxe, nun posto improvisado na Praza de Abastos de Lugo, a oitava edición da festa da cereixa. Vaise celebrar nese Concello da Ribeira Sacra o 12 e 13 de xuño, e busca potenciar a venda dos 50.000 quilos de cereixas que anualmente se producen neste municipio.

Luisa Zarzuela destacou o propósico do Concello en da Praza de Abastos un referente e convidou ó Presidente da Deputación a levar a cabo nela máis accións deste tipo que serven para dar a coñecer produtos da nosa provincia.

O organismo provincial colabora con esta iniciativa para impulsar un produto ecolóxico que sobresale pola súa calidade e sabor grazas ás condicións climatolóxicas desta zona. Esta axuda enmárcase dentro da aposta da Deputación pola promoción dos produtos autóctonos para xerar riqueza na provincia, e súmase á campaña Lugo-Sabe, e a marca de calidade que leva o mesmo nome.

A produción da cereixa é un complemento adicional para gandeiros e viticultores do sur da provincia. En xeral, véndese en pequenas cantidades debido ás dificultades para recollelas a causa da avanzada idade dos seus produtores. Neste senso, Gómez Besteiro lembrou que o organismo provincial traballa na posta en marcha dun portal web onde se poderán comercializar estos alimentos sen necesidade de intermediarios, e aforrándolles cartos a estes profesionais.

2.000 quilos de cereixa e 250 litros de aceite
Ademais dos 2.000 quilos de cereixas que se porán a venda, tamén se promocionará o aceite de Ribas do Sil con 250 litros, un produto de gran valor na cociña debido o seu forte sabor. En total, a feira contará con 20 expositores de figos, mel, viño, licores, respostería, así como de bisutería, bonecas en miniatura, e distintas pezas de artesanía.

A programación inclúe concertos de música tradicional, interpretacións teatrais, xogos infantís, pasarúas, e degustacións. A cita terá lugar na praia fluvial deste Concello, un lugar moi turístico debido ós servizos que presta. Deste xeito, recentemente, e logo de recibir unha subvención de 24.000 euros da Deputación, acondicionouse un espazo para autocaravanas debido á demanda dos turistas do sur da provincia, e ó auxe deste tipo de vehículos.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova