Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Exhibición de cans guía da ONCE organizada por Lugo10


# Martes, 08/06/2010


Imaxe Asociada

O Concello, a través do programa Lugo10, e a Fundación Once organizaron esta tarde unha exhibición de cans guía na Praza Maior.

Antes da exhibición que protagonizaron dous cans que están sendo entrenados na Escola de Cans Guía, en Madrid, o Alcalde, José López Orozco, agradeceulle á Fundación ONCE o apoio que lle presta sempre á cidade de Lugo e neste caso concreto ós actos que conmemoran o décimo aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio Mundial.

O Delegado Territorial da ONCE en Galicia, Eugenio Ferradás Moledo, salientou a importancia que teñen os cans guía para as persoas cegas, un colectivo formado en Galicia por 3.500 persoas das que 300 son de Lugo. E sinalou que para a entidade que representa era obrigado estar na conmemoración do décimo aniversario da proclamación como Patrimonio Mundial da nosa Muralla, ademáis de agracederlle ó alcalde o apoio que presta ás persoas cegas.

No acto tamén interviu Genma León Díaz, a directora da Fundación do Can Guía, Genma León Díaz, que posteriormente, ás 20.00, ofreceu una charla sobre
a Historia dun can guía no Centro de Convivencia Municipal Maruja Mallo.

A exhibición de cans guía permitiulles ós lucentes coñecer de preto o traballo que realizan estes cans para facilitar a vida diaria das persoas con discapacidade visual. Como dar as ordes, como esquivar os obstáculos ou como debe comportarse o animal xunto ao seu usuario, son algúns dos aspectos que mostrarán os instrutores.

Así mesmo, os responsables da ONCE aproveitaron transmitirlle á sociedade a necesidade e obriga de facilitar a accesibilidade dos cans guía a todos os lugares. O pleno desenvolvemento do seu labor como guía de persoas con discapacidade visual, e o seu dereito de acceder a todos os lugares e espazos de uso público, están garantidos por leis ditadas polas distintas Comunidades Autónomas ou, na súa falta, pola regulación estatal contida no Real Decreto 3250/1983, de 7 de decembro. Aínda así, segue sendo moi importante reforzar a labor de mentalización social sobre os dereitos dos usuarios destes animais, que non poden ser discriminados por valerse dun can para a súa mobilidade.

A Fundación ONCE do Can Guía
A Fundación ONCE do Can Guía entregou en 2007 un total de 120 cans guía (3 deles na Comunidade de Galicia) perfectamente adestrados para mellorar a autonomía persoal e a mobilidade das persoas con discapacidade visual.

Actualmente, preto de 900 persoas con cegueira ou deficiencia visual grave son usuarios de can guía en España, 21 en Galicia (9 na Coruña, 2 en Lugo, 2 en Ourense e 8 en Pontevedra). Desde a súa creación en 1991, esta Fundación proporcionou máis de 1.500 cans guía, o 75% adestrados por ela mesma e o resto pola escola norteamericana Leader Dogs For the Blind, en Rochester, froito dun acordo asinado entre ambas as entidades e o Club de Leones.

A ONCE traballa actualmente con tres razas de can, o Labrador, o Golden Retriever e o Pastor Alemán, que demostraron ser as máis adecuadas para a función que desempeñan.

www.lugo10.es





Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova