Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Aprázase por mor do tempo o primeiro dos concertos do ciclo Murajazz englobado na programación de Lugo10


# Martes, 08/06/2010
A cita do mes de xuño será o mércores día 16

Por mor das inclemencias do tempo aprázase para o vindeiro mércores o primeiro dos concertos do ciclo Murajazz organizado dentro da programación de Lugo10 e que estaba previsto para o xoves 10 de xuño.

A “Big Band” Murajazz ofrecerá tres concertos durante este verán que comezarán o mércores 16 ás nove e media da noite na praza Maior. O segundo concerto está programado para o 20 de xullo e terá lugar na praza Anxo Fernández Gómez e o último será o 29 de xullo de novo na praza Maior.

Con esta iniciativa o Concello pretende achegar a música a toda a cidadanía neste ano no que se celebra o Décimo Aniversario da Muralla como Patrimonio Mundial.

www.lugo10.es

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova