Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Continúa a programación do ciclo Coñecer a Romanización: a Muralla de Lugo e a Gallaecia Romana


# Mércores, 09/06/2010
Organizado por LugoPatrimonio conta co Patrocinio de Lugo10

Hoxe terá lugar a segunda das conferencias do programa “Coñecer a Romanización: a Muralla de Lugo e a Gallaecia Romana”, que organiza LugoPatrimonio co patrocinio de Lugo10.

Esta segunda cita do ciclo, correrá a cargo do arqueólogo municipal Enrique González Fernández que dará a coñecer o seu relatorio O amencer da primeira cidade de Galicia: Lucus Augusti. O arqueólogo é autor de varios traballos sobre arqueoloxía na cidade de Lugo e comisario da exposición Imago Antiqua, Lugo Romano.

A conferencia terá lugar ás 20:00 horas no salón de actos da Fundación Caixa Galicia.

Esta semana terá tamén lugar unha nova actividade do programa. O sábado día 12, ás 11.00 horas, haberá unha visita aos centros de interpretación da cidade.

O ciclo organizado por Lugo Patrimonio versa sobre o campamento, a urbe e a vila que no seu tempo se coñeceu como Lucus Augusti. A programación englóbase nos actos organizados con motivo do Décimo Aniversario da Muralla como Patrimonio Mundial.

www.lugo10.es

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova