Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo solicita unha subvención para a restauración das antigas casas escola de Bocamaos e Pedreda


# Mércores, 09/06/2010
O obradoiro facilitará a inserción laboral de 16 desempregados maiores de 25 anos

Imaxe Asociada
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a solicitude de subvención á Consellería de Traballo para o obradoiro de emprego denominado “Lugo 10”, para a restauración das antigas casas escola de Bocamaos e de Pedreda. Como explicou o Voceiro do equipo de Goberno, José Rábade, esta solicitude ten como obxectivo formar e insertar laboralmente a 16 alumnos e alumnas- traballadores e traballadoras.

O obxectivo é facilitar a formación a desempregados maiores de 25 anos en albanelería e restauración de mobles, e a rehabilitación das antigas casas escola das parroquias de Bocamaos e Pedreda para a realización de actividades sociais, educativas e culturais.

O obradoiro terá unha duración de 12 meses e desenvolverase en dúas fases, cada unha de 6 meses. O prazo previsto para o inicio das obras sería o 1 de decembro de 2010.

O importe total do proxecto é de 358.238 euros, a subvención que se propón solicitar é de 346.238 euros e o Concello cofinanciaría o resto do proxecto con 12.000 euros.

Formación en madeira
Por outra banda, a Xunta de Goberno abriu o procedemento de adxudicación dun programa de formación de madeira enmarcado no Proxecto Urban co cofinanciamento do 70% da UE a través do fondo FEDER

Rábade indicou que o obxecto do contrato é a prestación dun servizo consistente na impartición dun curso de formación ocupacional dirixido a 12 persoas con especiais dificultades para o acceso ao mercado laboral no ámbito do uso da madeira na construción (portas, ventás, tarimas, escaleiras, revestimento de paredes, reparación de mobiliario urbano) e montaxe de pequenas caixas.

Prezo máximo do contrato é de 58.000 euros. Os fondos FEDER aportan o 70% do orzamento e o Concello un 30%. As accións formativas terán unha duración de 540 horas que se iniciarán no prazo de 7 días trala sinatura do contrato.


Outros asuntos
A Xunta de Goberno aprobou, ademais, a revisión de prezos para o período comprendido entre o 27 de abril de 2010 e 26 de abril de 2011 para a actualización do contrato asinado coa empresa encargada da prestación do servizo de control de pombas na cidade de Lugo asinado coa empresa Locus Avis, SL. O prazo anual queda fixado en 13.164 euros segundo a variación do prezo realizouse segundo o incremento do IPC.

Tamén se aprobou a prórroga do contrato administrativo asinado con Cruz Vermella para a xestión do servizo público de axuda no fogar por un prazo máximo de 3 meses.
O gasto máximo é de 455.520 euros, sendo o prezo de servizo ordinario: 15´28 euros/hora e o prezo servizo extraordinario: 17´48 euros/hora. O número de horas ordinario total será de 27.035 e extraordinarias 2.427.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova