Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo abre as portas da Muralla ao Mundo a través das redes sociais de Internet


# Mércores, 09/06/2010
Lugo10 está presente en Facebook, Twitter, Flickr e YouTube

Imaxe Asociada

A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, presentou esta mañá a iniciativa promovida polo Concello de Lugo para que a campaña de difusión do programa Lugo10 teña cabida nas redes sociais. Neste acto a Concelleira estivo acompañada de Raúl Ordoñez, o encargado de coordinar e promover a presenza de Lugo10 nas diferentes redes sociais.

A Concelleira indicou que con esta iniciativa “abrimos as portas da Muralla ao Mundo, para compartir con todos a súa riqueza patrimonial e cultural”.

A través das redes sociais máis importantes da actualidade levaranse a cabo diversas iniciativas, entre elas, que todo usuario da Rede Social Lugo10 que incorpore 10 amigos, verase premiado cunha botella de Coca-Cola de edición limitada, que se fixeron expresamente para conmemorar o Décimo Aniversario da Muralla como Patrimonio Mundial.

Raul Ordóñez, é o responsable das maior redes sociais de blogueros en español, con preto de 300.000 usuarios rexistrados e considerada unhas maiores Redes Sociais de España, e foi o encargado de explicar o alcance e accións que se poden desenvolver desde as distintas redes sociais nas que terá presenza a campaña Lugo10.

Ordoñez anunciou que, na actualidade, o espazo de Lugo10 en Facebook conta xa con preto de 1.200 usuarios e se pode converter nun canal fundamental de comunicación e para interactuar coa cidadanía. “Queremos chegar aos 10.000 ao final de ano”, indicou.

No caso de Twitter Lugo10 conta xa con 103 seguidores, en Flickr son 300 as visitas as 120 fotografías que hai colgadas e en YouTube pódense consultar todos os vídeos realizados sobre o proxecto.

Pódese acceder aos espazos de Lugo10 dentro destas redes sociais a través do portal web do Concello www.lugo.es .

O obxectivo do Concello e lograr unha maior repercusión da celebración do Décimo Aniversario da Muralla como Patrimonio Mundial e que esta sexa coñecida fóra de Lugo utilizando unha ferramenta que permite conectar directamente coas persoas, un canal fundamental como é Internet.

Enlaces coas redes sociais de Lugo10:

http://facebook.com/Lugo10

http://www.youtube.com/lugodiez

http://twitter.com/lugodiez

http://www.flickr.com/photos/lugodiez

www.lugo10.es

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova