Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Sete empresas da cidade ofertan beneficios para os socios e socias do programa Sábados +Xtí do Concello de Lugo


# Xoves, 10/06/2010
A iniciativa levada a cabo polo Servizo Municipal de Prevención das Drogodependencias ofrece alternativas de ocio saudables para a mocidade

Imaxe Asociada

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, asinou esta mañá un acordo de colaboración coas empresas asociadas ao programa de ocio Sábados +XTí organizado polo Servizo Municipal das Drogodependencias.

As empresas colaboradoras ofertan unha seria de vantaxes das que se poderán beneficiar os socios e socias (de entre 12 e 16 anos) da actividade e que e suman xa un total de 249.

A Concelleira lembrou que o carnet de socio é gratuíto e que se pode obter chamando ao 010, contando coa conformidade dos pais e nais. Os socios e socias disfrutan dun ocio saudable, como alternativa aos consumos nocivos e perxudiciais para a saúde.

Todos os sábados entre as 18:00 e as 20:00 horas os rapaces e rapazas contan cun espazo de lecer na discoteca BOE, no que realizan diferentes actividades acompañados de monitores especialistas.

Toda esta programación vense a acompañar das ofertas presentadas polas empresas para os socios e socias dos Sábados +XTí.

Empresas e beneficios para os socios:
- A Sport 21: 20% de desconto no prezo. Ademais, ofrecen 4 balóns de fútbol, 6 pares de medias Puma e 2 gorras Converse que se sortearan ente os socios.

- Academia de baile Star Dance: gratuíto o curso de stylos (para 50 socios e socias como máximo). Ademais ofertaron entradas gratuítas para o II Trofeo Cidade de Lugo de baile deportivo e IDSF Open Latin Internacional celebrado o pasado 16 de maio. Tamén 10 camisetas de Star Dance que se entregarán entre os participantes.

- Arco Iris Instrumentos Musicais: Descontos do 20% en todo o material excepto ofertas. A empresa entregará un vale de compra polo valor do prezo descontado.

- Boleras Pleno: De luns a venres excepto festivos de 16:00 a 21:00 e sábados, domingos e festivos ata ás 15:00 horas o prezo será de 2´70 euros. Ademais haberá 100 partidas completamente gratis que entregará na sesión do programa +XTí aos que veñan acompañados de dous novos socios.

- Cine As Termas: prezos reducidos todos os días a 5´10 euros a película normal e 7´10 no caso de 3D. Ademais, 10 entradas gratis que se entregan entre os participantes os sábados. Un sábado ás 12.00 cada 2 meses unha sesión completamente gratuíta para todos os socios e socias do +XTí.

- Límite Vertical. Montaña, buceo, kayak, moto e quad.- 20% de desconto en Moto: Dasker, Nitro e LS”; en montaña: Lafuma, Inesca, Helly Hansen e Wind Xtreme; buceo: Lucky, Fixe; buceo: Tecnomar.

- Star Center Lugo: 20% de desconto nos revelados dixitais de fotografía, 3x2 en albumes de fotos, 3x2 en marcos de fotos. Ademais, regalo dun i-Pod que se entregará entre os participantes dos Sábados +XTí.

As entidades colaboradoras contará cunha pegatina identificativa nos seus locais.

www.lugo.es/prevenciondrogas

maisporti.blogspot.com

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova