Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo organiza o X Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre


# Venres, 11/06/2010
Terá lugar o domingo 11 de xullo no recinto amurallado da cidade

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Concello de Lugo celebrará o domingo día 11 de xullo a décima edición do Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre Cidade de Lugo. Esta nova edición foi presentada pola Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, que sinalou a consolidación que está a ter esta convocatoria, que cada ano conta co máis participantes, sendo o ano pasado un total de 80 adultos e 6 na categoría xuvenil. A Concelleira indicou que “15 deles foron de Lugo, e 8 da provincia, 27 do resto de Galicia e os demais doutras comunidades, destacando os madrileños e asturianos, o que reflicte a proxección deste certame fóra da cidade”.

A Concelleira explicou que ao igual que o ano pasado delimítase o espazo que poden ocupar os pintores ao recinto amurallado e ao adarve da Muralla, para facilitar ás persoas a localización dos artistas e que poidan velos traballar.

Os participantes optarán aos seguintes premios:

- Categoría adultos:

1º Premio de  1.700 euros e diploma

2º Premio de 1.200 euros e diploma

3º Premio de 900 euros e diploma

Sete accésits de 600 euros e diploma

Ademais mantense o premio especial de 500 euros para un artista local, nado ou residente en Lugo, que non é compatible coa obtención doutros premios.

-Categoría xuvenil:

1º Bono de 400 euros e material de pintura e diploma

2º Bono de 300 euros e material de pintura e diploma

3º Bono de 200 euros e material de pintura e diploma

As inscricións realizaranse o mesmo día do concurso no Departamento de Cultura do Concello. O certame comezará ás nove da mañá e deberán entregarse as obras ás cinco da tarde, ante o xurado.

Como todos os anos a temática das obras ten que estar relacionada con Lugo, con un estilo e técnica libres, dando especial importancia este ano á Muralla que celebra o seu Décimo Aniversario como Patrimonio Mundial.

Unha vez rematado o concurso, as obras poderán verse nunha exposición que se manterá aberta ata o día 16 de xullo no Centro Social Uxío Novoneyra de 16:00 a 21.00 horas.

Descargar as Bases X Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova