Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O IX Campus de Fútbol Cidade de Lugo terá lugar entre 22 de xuño e 2 xullo


# Venres, 11/06/2010
Poderán participar un total de 100 rapaces e rapazas nados entre o 1995 e o 2004


Imaxe Asociada

O Concelleiro de Deportes e Turismo, José Manuel Díaz Grandío, e o Presidente da Sociedade Cultural Deportiva Milagrosa, Magín López, presentaron o IX Campus de Fútbol Cidade de Lugo que terá lugar no campo de fútbol Luís López Gorgoso entre o 22 de xuño e o 2 de xullo. Neste acto participou tamén Óscar Seijas, o coordinador do campus.

O Concelleiro afirmou que “esta edición contará cun éxito de participación como as anteriores”, e agradeceu “o esforzo realizado pola agrupación deportiva ao longo do ano coa organización de múltiples actividades”.

Nesta actividade poderán participar nenos nados entre 1995 e 2004 que se dividirán en grupos de traballo de pequefútbol, iniciación, avance e perfeccionamento.

Os participantes realizarán sesións específicas de entrenamento de fútbol pero tamén contarán con charlas de técnicos e, aproveitando as instalacións da Casa do Deporte do Concello de Lugo, haberá sesións de visualizacións. Ademais, os rapaces visitarán o parque acuático de Cerceda, tamén realizarán outras actividades deportivo-recreativas e clases de inglés no deporte.

Neste campus poderán participar un total de 160 rapaces e rapazas. Os interesados en obter máis información poden chamar ao 629 025 514 ou ao 630 078 398. A fecha límite de inscrición será o 18 de xuño. Haberá dous turnos un do 22 ao 27 de xuño (100 prazas) e outro do 28 de xuño ao 2 de xullo (60 prazas) en horario de 10:00 a 20:00 horas.

Descargar díptico informativo e inscrición do IX Campus de Fútbol Cidade de Lugo

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova