Cargando....
Concello de Lugo
14/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo realiza unha nova campaña de choque do Servizo de Desratización


# Venres, 11/06/2010
Comezará o martes 15 de xuño e rematará o xoves 17

A empresa de control ambiental Sanal realizará dende o martes 15 de xuño e ata o xoves 17 a primeira fase de choque da campaña de desratización do ano 2010, dentro do plan previsto pola Concellería de Servizos Xerais, que dirixe Luisa Zarzuela.

Neste proceso realizarase un tratamento de desratización intensivo que chegará a todos os puntos do termo municipal, revisando e repoñendo todos os cebos raticidas, tanto a nivel externo como interno, cubríndose especialmente as áreas de risco de proliferación de roedores. Estes puntos máis afectados son a rede de saneamento e alcantarillado, a rede de abastecemento de auga, rexistros semafóricos e de alumeado público, solares, vertedoiros incontrolados, parques, xardíns e ribeiras de conducións de auga do centro e da periferia.

Incidirase especialmente nos denominados puntos críticos do centro urbano por ser as zonas onde se presenta un maior grado de incidencia. Estes lugares foron escollidos polo persoal que realiza o mantemento semanal de todos os venres do mes. Os lugares de maior necesidade son as zonas rurais con presencia de maleza, solares sen construír, edificacións antigas, etc...

Nesta fase de choque emplearanse dous equipos técnicos, con gran experiencia, posuidores do carné de regulamentario expedido pola Xunta de Galicia.

Así mesmo, os veciños que advirtan a presencia deste tipo de animais poden presentar o seu aviso no Concello a través do 010, intentando matizar o nome da rúa e número a ser posible.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova