Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

As piscinas municipais de verán abrirán a vindeira semana


# Venres, 11/06/2010
A entrada de nenos e nenas será de 0´90 euros e de 2´10 euros a dos adultos

O próximo luns, 14 de xuño, abren as piscinas municipais de verán do Concello de Lugo.

O horario do baño será de luns a venres de 12:00 a 20:30 horas, mentres que os sábados e domingos abrirase ás 12:00 e pecharase ás 20:00 horas.

Os prezos establecidos para esta nova campaña de verán están establecidos en 0,90 euros a entrada e 10,20 euros o abono de 15 baños para os rapaces e rapazas ata 15 anos. Para os adultos, de 16 anos en adiante, a entrada terá un custo de 2,10 euros, o abono de 15 baños de 21,60 euros e o abono de 15 baños para pensionistas será de 10,80 euros.

Por outra banda oa abonos familiares terán unha tarifa especial: 29 euros o de 15 baños e de 57,40 o de 30 baños.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova