Imprimir

O CONCELLO ACORDOA UNHA CASA DA RÚA NOVA TRALO AFUNDIMENTO DE PARTE DO SEU TELLADO


11/6/2010

O Concello de Lugo acordoou unha vivenda da Rúa Nova, situada no número 133, logo de que este mediodía se afundira parcialmente a cuberta do edificio.

Este suceso ocorreu contra as 13.30 e foi consecuencia das intensas chuvias rexistradas nos últimos días.

Ó ter noticia do acontecido, a Patrulla Verde da Policía Local acudiu ó lugar e acordoou a zona, ó tempo que llo comunicou ó servizo de Arquitectura.

O informe emitido polos técnicos municipais de Arquitectura que se desprazaron ó lugar dálle 24 horas de prazo ós propietarios para que desescombren o lugar e retiren da cuberta os elementos que puideran supoñer un perigo.

O decreto que asinou a delegada de Urbanismo, María Novo, seralle comunicado de inmediato ós propietarios do inmoble, que estaba declarado en ruína.