Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Remata o prazo de inscrición dos cursos de verán de educación viaria


# Luns, 14/06/2010
Os rapaces e rapazas recibirán clases de kart, bicicleta e ciclomotor

Mañá, martes 15 de xuño, remata o prazo para participar nos cursos de verán de educación viaria organizados pola Concellería de Educación que dirixe Dolores Vieiro.

O obxectivo do Concello é formar aos rapaces e rapazas lucenses para que coñezan as normas de circulación e fomentar así a seguridade cidadá.

Os interesados en participar poderán presentar a súa inscrición na oficina de Atención á cidadanía do Concello de Lugo, no Parque Infantil de Tráfico, e na Xefatura Provincial de Tráfico.

Os nenos e nenas poderán participar nas seguintes modalidades segundo a súa idade:
- 8 a 14 anos: kart e bicicleta.
- 15 e 16 anos: ciclomotor

As clases comezarán o 28 de xuño e rematarán o 23 de xullo, e terán lugar en quendas de 10.30 a 13.00 horas pola mañá e de 17.00 a 19.30 horas pola tarde.

Solicitude inscrición: Tramita na túa casa


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova