Imprimir

O ALCALDE DESPIDE ÓS PEREGRINOS DE SPECIAL OLYMPICS QUE FAN O CAMIÑO PRIMITIVO


14/6/2010

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, despediu ós compoñentes do colectivo Special Olympics de Galicia que comezaron en Lugo unha das rutas da peregrinación a Santiago que organiza este grupo, concretamente a través do Camiño Primitivo.

O acto tivo lugar na Praza Maior, diante da Casa do Concello. O Alcalde desexoulles ánimo e forza para facer o Camiño a este grupo de peregrinos.

En total 500 persoas con discapacidade intelectual participan nas peregrinacións de Special Olympics que partiron dende distintos puntos para confluír todas en Santiago.